10 persoas inician o curso teórico-práctico de coidados básicos na atención domiciliaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, iniciará que o vindeiro luns, día 4 de novembro, o curso de coidados básicos na atención domiciliaria, enmarcado dentro do Plan de Oportunidades posto en marcha polo Goberno Municipal de Ferrol. Un total de 10 persoas participarán neste obradoiro que terá unha duración total de 120 horas e se prolongará ata o 13 de decembro.

Este curso formativo, realizado de luns a venres, terá unha parte teórica que se desenvolverá do 4 ao 19 de novembro na Casa da Muller, mentres que a práctica será do 20 de novembro ao 13 de decembro. A empresa Serma Dependencia, dedica á axuda a domicilio dende o ano 2011, será a encargada de impartir tanto a formación teórica como práctica, así coma o seguimento e coordinación das prácticas. Os contidos teóricos serán realizados en catro módulos: introdución (sobre o marco legal e a información sobre a lei de dependencia), a intervención física no domicilio (coidados xerais, mobilizacións, cambios posturais…), a intervención psicosocial no domicilio (atención ao usuario, familia, habilidades sociais…), e contexto social (coñecemento dos recursos da zona).

2 de novembro de 2013 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.