Zafarrancho de limpeza na marxe esquerda da avenida das Corbaceiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, organiza un novo zafarrancho no ámbito urbano da cidade. Esta semana continuará na avenida das Corvaceiras, dende a Ponte da Barca até o edificio do Gremio de Mareantes, na súa marxe esquerda.

A limpeza realizarase na madrugada do xoves. Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores. A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

8 de outubro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.