publicidade hoxe

XXV tirada de bolos – XIV sub 16 – V liga feminina en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Tarde despacible, unhas veces con sol e outras con choiva. Campo en regular estado, que dificultou bastante as tiradas, sobretodo para os xogadores/as menos potentes físicamente. Excelente participación na Liga Sub 18, con 9 participantes.

Liga Senior Masculina.- Victoria dun dos principais favoritos, quen continúa unha semana máis encabezando a Liga con 31 puntos; estamos a falar de José Rafael González, que está a ter un excelente inicio de tempada e, seguramente, querra resarcirse da pasada edición onde perdeu o título na última tirada. A continuación temos a José Manuel Cociña e a Sócrates Campo con 23 e 20 puntos respectivamente. Sócrates é tamén un dos claros favoritos ao trunfo final; no caso de José Manuel Fontes estamos a falar dun xogador situado nos últimos anos na zoa media superior da táboa, pero que se nos remontamos inda uns anos máis atrais, estaríamos a falar dun favorito final; estamos seguros de que, se supera os problemas físicos que arrastra, José Manuel ten capacidade para estar moi perto dos postos de arriba. 

Estamos, coma quen dí, prácticamente no comezo do campionato e inda non se poden facer grandes valoracións; hai un dato, o vixente campión, Arturo Vigo, con 3 puntos, está a 28 de José Rafael, polo que, senón espabila, vaise quedar fora ás primeiras de cambio.

Liga Senior Feminina.- Unha das favoritas nesta Liga, que vía como se lle escapaban na cabeza, reaccionou e coa súa victoria e mellor bolada consegui recortar distancias e acceder ao segundo posto da táboa; estamos a falar de Belén Meitín, excelente xogadora, pero que inda non lle puxo a guinda ao seu xogo; consigue acabar nas tres últimas posicións, pero fáltalle o trunfo final. Pois ben, Belén é segunda con 13 puntos, por detrais de Dolores Baño, que encabeza con 13 puntos. Por detrais temos a Salomé Bermúdez con 8 puntos e Concepción Piñeiro con 6. Decir que Salomé foi vítima do campo, xa que cucou nas dúas última boladas debido ao mal estado do campo, o que fixo que non fose capaz siquer de puntuar: unha pena, xa que collera moitos tantos nesas dúas últimas bolada, que non lle valeron ao cucar.

Liga Sub 18.- Segunda vitoria consecutiva de Salomé, quen está a xogar cunha extrema ambición e seguramente vai querer, nesta a súa última tempada nesta categoría, despedirse coa súa terceira vitoria, algo que ningún xogador/a conseguiu ata o momento, ousexa, vencer tres veces na categoría Sub 18. Iso sí, se segue con esta progresión, que se vaian preparando na Liga Senior Feminina para a temporada que ben, na cal terá que competir Salomé. O vixente campión, Daniel López, apenas pode seguir a estela de Salomé, ocupando a segunda praza con 11 puntos, por 10 de Isaias Cardoso.

A este convite de tres (Salomé, Daniel e Isaias) estase a sumar este ano Daniel Alonso, e en menor medida Miguel López, ámbolos dous de menor idade que os anteriormente citados. Seguramente Daniel e Miguel, entre outros, estarán destinados a dominar a categoría despois da marcha de Salomé, Daniel e Isaias, para quens esta é a última tempada na Liga Sub 18.

23 de outubro de 2013 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.