publicidade hoxe

Xove acolle o IV Encontro de Palilleiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Mañá, sábado 5 de outubro, vai desenvolverse no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o IVº ENCONTRO DE PALILLEIRAS.  Un total de 250 palilleiras anotáronse para asistir a este encontro, procedentes de Coruña, Xixón, Sarria, Vimianzo, Camariñas, Navia e dos concellos mariñáns de Mondoñedo, Foz, Burela, Cervo e Viveiro. Tamén se conta nesta edición con postos artesanais procedentes de Coruña, Vilalba, Cambados, Santiago, Cambre, Zas, Ponferrada, Ourense, Sarria, Viveiro e Foz.

O Encontro vai comezar ás 10:30 horas coa recepción de tódalas palilleiras. Ás 11.30 horas o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad e outras autoridades, vaille dar a benvida a tódalas participantes.

O horario de apertura para o público vai ser o seguinte: Pola mañá de  10:30 a 13:30 e pola tarde de 16:30 a 19:00 horas. A entrada vai ser de carácter totalmente libre e gratuito.

A organización deste evento corre a cargo da Concellería de Sanidade, Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade do Concello de Xove, así como das profesoras Mercedes Barro Barro (bolillos) e Carmen García Fernández (bordado). Cóntase tamén coa colaboración da Asociación Cultural Saiñas, quens van animar o cotarro coas súas gaitas.

4 de outubro de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.