Xornadas Transfronteirizas da Xuventude en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

23102013-2Entre o 23 e 27 de outubro a Ardin – Asociciaçao de Jovens de Cambeses, en colaboración co Concello de Monçao e o apoio do Instituto Portugués de Deporte e Xuventude, organiza unhas Xornadas Transfronteirizas da Xuventude.

Unha semana dedicada a xuventude. Tomando o Cine Teatro Joao Verde e a Biblioteca Municipal, como espacios de excelencia, contemporáneos e propicios ao encontro de Mozos e Mozas do Norte de Portugal e de Galicia, que durante 5 días abordará cuestión ligadas á transfrontariedade, desde o emprendemento xoven ás dinámicas culturais e artísticas do Norte de Portugal e de Galicia.

Conferencias, curso de coaching creativo, workshops, aulas abertas á comunidade, exposicións e un concerto esperan aos mozos de ambos os dous lados da fronteira. Todos os eventos, excluíndo o concerto, son gratuítos.

Esta actividade ten como obxectivos informar aos mozos e mozas das diversas plataformas de apoio, incentivar o emprendemento creativo, promover o voluntariado entre outros, estreitar lazos transfronteirizos a través da cultura.

23 de outubro de 2013 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.