Xornadas de saúde en Lousame
Xornadas de saúde 2013 “Maiores e coidados”
Como en anos anteriores o Concello de Lousame segue traballando para mellorar a calidade de vida dos seus vecinos e veciñas.
– Obxectivo das xornadas
Este ano as xornadas centraránse no tema do coidado o autocoidado nas persoas maiores.
– A quen están dirixidas
As xornadas son de interese para toda a poboación, tanto para coidadores formais ou informais de persoas maiores como para todos aqueles veciños e veciñas maiores interesados en manter e mellorar a súa saúde.
– Contido das xornadas
Como ben sabemos a sáude está integrada por diversos factores tanto físicos como psicolóxicos, polo que no deseño destas xornadas fíxose fincapé nesta visión integral da saúde incluíndo charlas que tratarán temas que van dende coidados físicos, pautas nutricionais ata os aspectos psicolóxicos.
– Outra información de interese
As xornadas levaranse a cabo os venres ás 19h da tarde no Salón de Plenos do Concello. Son gratuítas e para máis información poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais ou na páxina web do Concello.
– Entidades que colaboran:
AGADEA – Asociación Galega para a Axuda Dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer
Profesionais da CLÍNICA SILVIA AYASO de Pobra do Caramiñal
–Programa das charlas
11 de outubro “COIDADOS BÁSICOS DO PÉ. O PÉ NA TERCEIRA IDADE” Silvia Ayaso Maneiro, Podóloga na Clínica Silvia Ayaso.
18 de outubro “A DEPRESIÓN: CÓMO CONVIVIR CON ELA” Silvia Tubío Laiño, Psicóloga na Clínica Silvia Ayaso.
25 de outubro “A ATENCIÓN E OS COIDADOS ÁS PERSOAS CON DEMENCIA” Pablo Mirás Sánchez, Psicólogo en AGADEA.
8 de novembro “XANTARES SAUDABLES DENDE A COCIÑA TRADICIONAL GALEGA” Aúrea C. Casais Martínez, Nutricionista na Clínica Silvia Ayaso e Xerontóloga.











