publicidade hoxe

Xornadas de cooperativismo na apicultura en Trives

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

A Oficina de Fomento Cooperativo Macizo Central – Trevinca, co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo, continúa a súa actividade de difusión do cooperativismo, no marco da Rede Eusumo, no ámbito dos concellos de A Veiga, O Bolo, A Pobra de Trives e Manzaneda.

Nesta ocasión, temos organizado a celebración dunhas xornadas durante o mes de outubro sobre cooperativismo na apicultura, que baixo o título “Apicultura: a cooperativa como fórmula de éxito”, pretende presentar as potencialidades do cooperativismo como creador de emprego a partires dos recursos endóxenos, para o cal a apicultura é un sector con grandes posibilidades dentro do noso territorio. Así, afondarase nas peculiaridades e vantaxes do modelo cooperativo, para relacionalos coa apicultura e ver a súa aplicabilidade neste sector.

Ditas xornadas levaranse a cabo no Concello da pobra de Trives os venres 4, 11, 18 e 25 de outubro, os no salón de reunións do concello, para concluir cunha experiencia empresarial cooperativa que se desenvolverá o día 29 de outubro no Pazo do Mel en Viana do Bolo.

As incricións para asistir a esta xornada gratuita, poderán facerse nas oficinas municipais da Pobra de Trives, a través do teléfono do concello (988.33.00.00), e a través do enderezo electrónico da Oficina de Fomento Cooperativo Macizo Central – Trevinca (cooperativismo.macizoc_trevinca@yahoo.es).

Estas xornadas tamén se levarán a cabo nos concellos de A Veiga (martes 1, 8, 15 e 22) e Manzaneda (mércores 2, 9, 16 e 23), concluíndo todos eles as xornadas coa experiencia empresarial do día 29 de outubro.

2 de outubro de 2013 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.