Xornada de portas abertas para finalizar o curso en liña sobre xestión de cooperativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O próximo luns a partir das 17 horas celebrarase unha charla baixo o título ‘Principais diferenzas xurídicas, contables, laborais e fiscais entre as cooperativas e o resto de sociedades mercantís’ O responsable de levala a cabo será Xoan Gómez Cabo, unha das voces máis destacadas en temas desta índole a nivel galego e que actualmente desenvolve a súa labor no ámbito da Rede Eusumo e na cooperativa XEDEGA.

Con esta charla darase por rematado o curso en liña sobre xestión de cooperativas, que ao longo das últimas semanas se viu desenvolendo por parte da Oficina de Fomento ao Cooperativismo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha última xornada presencial á que se pode achegar calquer interesado no tema xa que a entrada é completamente de balde.  

Este curso en liña sobre a xestión de cooperativas está financiado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e englóbase dentro do proxecto formativo da rede Eusumo. 

26 de outubro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.