Xornada de portas abertas de iniciación á música clásica
O Salón de Actos municipal albergará o vindeiro xoves 17 de outubro entre as 11.00 e as 13.00 horas unha xornada de portas abertas de iniciación á música clásica con audicións comentadas. Nesta xornada, os asistentes abordarán a vida e obra dos grandes compositores da historia da música.
O obxectivo da mesma é que os participantes realicen unha viaxe a través da Historia da Música Clásica, á vez que profundar no significado e o papel que a música desempeñou no devir cultural do ser humano.
“O obxectivo último desta actividade é conseguir que os asistentes coñezan un pouco máis e mellor o que representou e representa a música na historia do home e, sobre todo, divertirse mentres se converten aos poucos en auténticos melómanos”, explica a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva.











