Vilagarcía recrea o hollywood das películas cunha invasión zombi con loitas a cargo de especialistas
O colectivo Videos Creativos coa colaboración da Concellería de Cultura animará a tarde do sábado cunha espectacular actividade na que Vilagarcía se transformará nun set de rodaxe típico de Hollywood no que unha marea de zombis invadirán as rúas, haberá loitas e persecucións a cargo de especialistas de dobraxe en escenas de acción, trucos e efectos especiais e a rodaxe dun pequeno vídeo. Asistirán especialistas de cine a cargo de >www.consultoriatecnicapolicial.com e o equipo de www.hombresdepaco.com, así como o dobre do personaxe Rick (da serie The Walking Dead). A actividade é gratuíta e aberta a todo o público que pode participar de xeito activo indo disfrazado de zombi.
Na recreación deste set cinematográfico hollywoodiense intervirán Eloy Puga, Adrián Caeiro e algúns dobres de cine que realizarán trucos de efectos especiais. Recrearanse escenas dalgunhas películas e series de moda, realizando un micro rodaxe onde se revivirán escenas de zombis, combates corpo a corpo de policías e despregues dende o aire (rappel). Para unha ambientación realista haberá un obradoiro de maquillaxe de zombis a cargo de Adrián Caeiro e Bibiana Álvarez. Pola limitación de tempo e dificultade dos traballos, só poderán caracterizarse 20 persoas, as demais deberán vir maquilladas da casa. Para participar na rodaxe non hai límite de persoas.
Os organizadores recomendan ás persoas que acudan disfrazadas da casa que se caractericen como zombis rurais e armados con ferramentas simuladas de motoserras, hachas, fouces e outros vestidos como enfermeiras, mozas con sables ou mozos con ballestas para imitar as personaxes da serie televisiva.
Esta peculiar recreación de Hollywood terá lugar o sábado na explanada do Auditorio. O programa comezará ás 15:00 horas e desenvolverase ata as 20:00 horas. A actividade realízase aproveitando o marco que ofrece a celebración de halloween e, aparte de animar un pouco a tarde do sábado, Videos Creativos pretende con esta sesión agradecer a súa colaboración a todas as persoas que acudiron ao cásting para a curtametraxe “Cuando la curiosidad te mata” e que non foron seleccionadas para participar na rodaxe. Con esta actividade daráselles a oportunidade, tanto a eles, como á todas aquelas persoas que o desexen, de participar como actores na rodaxe dun video de zombis e acción. A lista dos elixidos para protagonizar a curta xa se pode consultar a través da web http://curiosidadmata.videoscreativos.es e no facebook.
O programa da actividade do sábado é o seguinte:
15:00 h.- Auditorio de Vilagarcía (set de maquillaxe)
17:00 h.- Práctica e ensaio das escenas.
18:00 h. – Práctica das incursións policiais e rappel en parede.
18:30 h. – Práctica de loita corpo a corpo entre as personaxes de The Walking Dead, “o alcalde” e “Daryl Dixon” a cargo dos dobres de cine.
19:00 h.- Rodaxe da curtametraxe a cargo de Videoscreativos e Eloy Puga.
Oevento se pode consultarse en facebook.com/editorcreativo ou na web www.videoscreativos.es. En caso de chuvia a actividade trasladaríase ao sábado seguinte.











