Vilagarcía recibe á comisión do plan europeo “Equilibrio” para poñer en marcha un novo proxecto de conciliación
Vilagarcía participará nun novo proxecto de conciliación promovido a nivel estatal polo Instituto de la Mujer. Despois da positiva experiencia da participación en 2010 no plan europeo “Equilibrio” no que, ademais de Vilagarcía, participaron outros 20 municipios de España e Noruega, o organismo dependente do Ministerio de Sanidad Servicios Sociales e Igualdad, contactou coa administración local na busca da súa participación na seguinte fase destas iniciativas de conciliación e igualdade social. Una comisión integrada por representantes do Instituto de la Mujer, da Femp e da empresa que se encarga da asistencia técnica do plan visita o xoves o Concello para expoñer os contidos do programa.
A comisión reunirase co persoal técnico e responsables políticos do Concello para avaliar os resultados do primeiro Plan de Conciliación desenvolvido nos anos anteriores tanto a nivel interno, da propia administración local; como externo, de cara á sociedade. Tamén se fará un diagnóstico do estado actual das políticas de igualdade e de conciliación municipais, das novas necesidades de conciliación e dos retos de futuro dende o punto de visto interno e externo.
Por último, os membros da comisión e os representantes do Concello concretarán o plan de traballo a seguir para as sucesivas visitas que se irán realizando nos vindeiros meses co obxectivo da elaboración e posta en marcha deste novo proxecto.
Nesta nova fase do plan participan, ademais de Vilagarcía, os municipios de Xaén e Ibiza.
A participación do Concello de Vilagarcía no proxecto “Equilibrio” comezou en 2010 co plan bilateral entre España e Noruega. Foi entón cando se elaborou o primeiro Plan de Conciliación que incluía un proxecto interno e outro externo. O plan de Conciliación para a administración local foi aprobado polo Pleno e as medidas que xa existían previamente máis algunhas novas que se recolleron no novo documento están en vigor co obxecto de facilitar o desenvolvemento da vida laboral, familiar e persoal dos traballadores municipais. O plan externo pretende estes mesmos obxectivos e incluía incluía programas como o Conciliatardes, o Banco de Tempo ou Plan Madruga.
O segundo plan de Conciliación tratará de afondar nestas políticas de igualdade e conciliación coa inclusión de novas propostas a desenvolver tanto no eido municipal como social.
A raíz do primeiro Plan de Conciliación que presentara en Vilagarcía a entón directora do Instituto Social de la Mujer, Laura Seara, tamén se elaborara unha “Guía de Buenas Prácticas para promover la conciliación de la vida personal, familiar y profesional”, na que se recollían propostas dos municipios participantes no proxecto e que serviu de base para aplicación destas políticas na Unión Europeo.











