Vigo fomenta o asociacionismo veciñal e cultural con 252.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, recibiron hoxe mércores aos directivos das 37 entidades veciñais que veñen de repartirse 252.885 euros que o Concello achega para fomentar o asociacionismo veciñal e cultural. Concretamente, 82.882 euros son para actividades e 170.000 para obras e equipamento. Estas achegas compleméntanse, dixo o rexedor, con outros convenios singulares asinados coa Favec, a asociación de Teis, a Miñoca ou a Curva de San Gregorio, nestes últimos casos axúdaselles a pagar o aluguer do local. Caballero reiterou en rolda de prensa o compromiso que adquiriu cos representantes veciñais de intentar incrementar esta partida destiñada ao fomento da participación cidadá de cara ao próximo exercicio.

9 de outubro de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.