Viaxe á Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de Bergantiños
A-
A+
Participantes na viaxe

Participantes na viaxe

O xoves 10 de outubro, un grupo de maiores de Cabana de Bergantiños, acompañados do alcalde José Muíño, do edil Carlos Allo e das traballadoras do departamento de servizos sociais, Margarita Docanto e Cristina Morandeira, realizaron unha viaxe para coñecer a Ribeira Sacra.

A xornada comenzou ás sete da mañá cando partiron en autobús para se dirixir ó embarcadorio de San Estevo e subir ó catamarán que recorre o Río Sil. Despois do paseo, fixeron unha parada para xantar na Tapería do Centro do Viño de Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra (imaxe). Neste concello poideron pasear pola calle Cardenal e admirar a fachada do Colexio dos Padres Escolapios (coñecido como o Escorial de Galicia). Tamén visitaron o Monte de San Vicente para ver o Monasterio e a Torre de homenaxe. Dende alí, iniciaron o regreso ó Concello de Cabana concluindo a xornada sobre as nove e media da noite.

12 de outubro de 2013 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.