VI mostra de teatro Amador no Carballiño “Terras do Orcellón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Tiruleque teatro traerá novamente ao Carballiño o mellor de teatro afeccionado de toda Galicia, en colaboración coa área de Cultural do concello carballiñés. Dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro, 5 compañías de teatro non profesional ofrecerán as súas montaxes no auditorio da vila do Arenteiro, cun prezo de entrada de 3 euros. Todas as representacións serán ás 19:00 horas.

O domingo 3 de novembro a compañía Axóuxere Teatro poñerá en escena a obra “A rúa do inferno” unha comedia hilarante interpretada por Nanda Tasende, Paula Suárez, e Loly González. O seguinte domingo a quenda será para a compañía afeccionada Ateaco coa obra “Cóncavo-convicto”. As outras compañías que participarán nesta mostra de teatro amador Terras do Orcellón serán Tarantela o domingo 17 de novembro, Teatro Avento o 24 de novembro, pechando este festival teatral a compañía local Confraría San Miguel, o 1 de decembro.

30 de outubro de 2013 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.