Verdía xa dispón de local sociocultural e inicia as actividades do último trimestre

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou a antiga escola unitaria de Verdía, con motivo das obras realizadas e que permitiron acondicionar a mesma como local sociocultural. Xa co novo espazo, este 1 de outubro comeza a actividade sociocultural prevista para o último trimestre de 2013. As obras consistiron na colocación de portas, no arranxo integral de dous baños e das instalacións eléctricas e no pintado e colocación de tarima flotante con manta térmica nunha das aulas. Ademais, acometeuse o pintado de toda a fachada e dos barrotes das fiestras.

Debido ao peche do anterior centro sociocultural de Verdía, que estaba situado na antiga estación de ferrocarril, a asociación de veciños desta parroquia desenvolvía as súas actividades no local veciño de Nemenzo. Agora xa poden realizalas de novo na súa propia parroquia.

1 de outubro de 2013 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.