V feira multisectorial “Merca in Fene”
O CONCELLO DE FENE e a ASOCIACION DE COMERCIO, HOSTALERIA E SERVIZOS DE FENE ” O CRUCEIRO” organizan a V FEIRA MULTISECTORIAL ” MERCA IN FENE” mañá domingo de 10:00 a 21:00 horas á que asistirán 12 establecementos da rama téxtil, bazar, limpeza, regalos, impresión gráfica,…,todo nunha carpa que se estenderá pola rúa Salvador dende a intercesión coa Avenida Marqués de Figueroa onde se situará a entrada ao recinto e localización no que o Concello repartirá Guías de Turismo elaboradas este ano e a Asociación información desta e será tamén o espazo onde se farán os sorteos de máis de 200 euros en vales regalo e a presentación ás 13 horas do: ” I CONCURSO GASTRONOMICO DÁ PATACA”, primeiro deste tipo na zona e que tras o éxito do concurso de Tapas quere explorar novas vías para animar a hostalaría local e o ambiente do municipio. O Concurso espérase estender no futuro outros produtos. Adxunto bases do concurso e carta enviada aos comerciantes para a súa participación á que aínda poden inscribirse ata o mércores. O concurso celebrarase nos dous últimos fins de semana de outubro.











