Usuarios do centro de maiores da terceira idade de Totana-Murcia visitaron Cedeira

Visitando o Castelo da Concepción
Usuarios do centro de maiores da terceira idade de Totana-Murcia visitaron o pasado venres Cedeira para coñecer de preto a historia do Castelo da Concepción e o encanto do santuario de San Andrés de Teixido, onde asistiron con grande interese a unha breve charla sobre as orixes e procedencia da reliquia pertencente ao santo. A continuación, e como manda a tradición, baixaron á “Fonte do Santo” a beber dos tres canos e degustaron as tradicionais rosquillas.











