Unha vintena de persoas asisten ao curso de manipulador de alimentos en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Unha vintena de persoas participaron no curso de manipulador de alimentos organizado pola Axencia de Emprego e Desenrolo Local del Concello de Ponte Caldelas e impartido no Centro Cultural da vila cunha duración de 3 horas.

Os asistentes recibiron un diploma acreditativo da súa capacitación en dúas ramas diferenciadas do curso: Por unha parte o sector da hostalaría e, por outra, para o da alimentación.

A obtención deste certificado de asistencia permitirá aos participantes optar a un posto de traballo nestes sectores xa que, para exercer esta profesión, é obrigatorio ter un diploma acreditativo de ter realizado o curso.

Estes cursos de manipulador de alimentos son organizados todos os anos polo Concello de Ponte Caldelas debido á gran demanda existente destes xa que favorecen moito a incorporación de demandantes de emprego a un posto de traballo.

A demanda de traballadores en época estacional, dependente do sector turístico, fai que as persoas que participan nestes cursos teñan máis posibilidades de encontrar un posto de traballo nos establecementos hostaleiros de Ponte Caldelas e a súa zona de influencia, de aí a importancia da súa realización.

Este curso enmárcase dentro das accións formativas que o Concello de Ponte Caldelas está a poñer en marcha coa intención de favorecer a incorporación de persoas en situación de desemprego, ao mercado laboral para o cal estableceu como prioritarias aquelas materias susceptibles de propiciar que os inscritos nos cursos poidan dispoñer dunha maior oportunidade de inserción laboral.

21 de outubro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.