publicidade hoxe

Unha trintena de veciños de Frades participaron na xornada gratuíta sobre autoemprego e cooperativismo no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Máis de trinta veciños e veciñas de Frades encheron o  multiusos para asistiren a unha xornada de autoemprego e cooperativismo, promovida pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes. Ademais de coñecer o funcionamento desta oficina, os asistentes escoitaron diversas experiencias sobre as potencialidades do cooperativismo como creador de emprego, especialmente nun municipio de carácter rural como Frades.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, inaugurou unhas xornadas nas que os veciños e veciñas do municipio escoitaron con especial atención o relato das experiencias do cultivo e da comercialización do grelo de voz de Loli Couso Costa, técnica de AGACA; e Ana Picón Cotos, técnica de Pico Sacro Sociedade Cooperativa Galega. Así mesmo, cooperativas como Aseconia, Egali ou a Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes tamén lles explicaron aos asistentes os beneficios e os desafíos da fórmula cooperativa.

Esta xornada gratuíta foi organizada pola Mancomunidade de Ordes, en colaboración co Concello de Frades e coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e co apoio da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e do Fondo Social Europeo.

31 de outubro de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.