Unha nova web permitirá coñecer as actividades infantís por idades da provincia da Coruña
Zona de Recreo é unha páxina web onde tódolos pais da provincia de A Coruña poden atopar a enorme oferta educativa e cultural para os seus fillos. Funciona como unha axenda de actividades para os cativos, clasificada por idades. Tamén ten un calendario grazas o cal os pais poden planificar qué facer cos seus fillos nos días libres ou vacacións. As actividades que teñen máis éxito son os obradoiros e os contacontos, organizados polos concellos e polo pequeno comercio. Con esta páxina non só se pretende facilitar ós pais a procura de eventos culturais e educativos para os nenos, tamén se apoia ó pequeno comercio local, quen se esforza día a día e renóvase ofertando actividades para os nenos cada vez máis orixinais e creativas.
Para celebrar o aniversario de Zona de Recreo, realizaremos un sorteo a semana do 4 de novembro. Convidamos a tódalas empresas coas que adoitamos traballar para que participen activamente. Dende o primeiro contacto, xa contamos con El Bebé Aventurero, Arkhé Espacio Educativo, Ortoteco, Librería Cascanueces, Etnika’s, BBcentro, Teatro Colón, Econatal e Dadà Kindercafé entre outros moitos. Imos sortear clases, descontos, produtos infantís, moda, entradas de espectáculos… Dende Zona de Recreo animana tódalas familias a que coñezan www.zonaderecreo.es e participen no Sorteo Aniversario.











