Unha nova empresa do CEI-Nodus adícase á creación de guarnicións e salsas gourmet única en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañada polas emprendedoras Belén Fernández e Elena Fernández, presentaron unha nova empresa, Artesanal Conffeti, que se instalou recentemente nos laboratorios do CEI-Nodus.

Sonia Méndez explicou que “hoxe comezamos unha serie de presentacións que queremos facer de todos os proxectos creados por empensdedores e que se están instalando no CEI-Nodus xa que é interesante que se den a coñecer a toda a cidade de Lugo polo seu carácter emprendedor e pola posible creación de postos de traballo en diferentes sectores”.

Ademais a Concelleira incidiu en que dende o Concello se quere difundir este tipo de iniciativas porque é importante que se saiba o apoio que se dá aos emprendedores e para que eles transmitan eses proxectos de futuro cos que a cidade gaña en movemento e dinamismo económico.

Pola súa parte, Belén e Elena, explicaron que o proxecto que puxeron en marcha está especializado na elaboración de guarnicións e salsas cunha base de viño tanto para acompañar comidas como postres. Comezaron esta andadura porque “como consumidoras atopabamos un espazo baleiro en canto a salsas de calidade gourmet e decidimonos a probar sorte neste mercado”. Ademais explicaron que van comezar cunha serie de menús degustación para que as persoas interesadas en comprar este produto coñezan as súas posibilidades en menús.

29 de outubro de 2013 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.