Unha campaña entre o Celta e o goberno vigués promoverá o uso do galego

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Acordo de colaboración

Acordo de colaboración

O alcalde e o presidente do Real Club Celta de Vigo asinaron o acordo de cesión dos dereitos de imaxe do cadro técnico e xogadores do equipo celeste para a iniciativa “Gústame o galego de primeira”, en colaboración coa Universidade de Vigo.

En declaracións aos medios, Abel Caballero explicou que a campaña é unha actuación de dinamización da lingua galega a través de fotos e vídeos con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversas situacións, por parte dos xogadores e técnicos do Real Club Celta de Vigo.

O rexedor indicou que esta acción divulgativa percorrerá colexios, universidades, centros educativos e entidades deportivas, entre outras, polo que trasladou o seu “recoñecemento” ao Real Club Celta de Vigo.

23 de outubro de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.