Un espectáculo de danza contemporánea abre o ciclo “As noites en capela”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, continúa en outubro co ciclo de “As Noites en Capela”, que todos os xoves do mes e a partir das 21:00 horas ten lugar no auditorio do Centro Cultural Municipal Torrente Ballester. Así, maña, xoves 3, esta oferta cultural continúa co espectáculo de danza contemporánea Momento Blooming. A entrada pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Cristina Montero e Rut Balbis, da compañía Pisando ovos, presentan Momento Blooming, un espectáculo de danza contemporánea que conxuga momentos íntimos con momentos superficiais, choros e risas, inxenuidade e ensoñación, realidade e ficción. Todo isto, sen esquecernos de que é unha peza de danza ubicada noutro contexto que permitirá ofrecer unha experiencia diferente ao asiduo consumidor.

Así mesmo, as vindeiras actuacións do ciclo “As Noites en Capela” son as seguintes:

– día 10: “Silvia Penide”

– día 17: “Luís Moro

– día 24: “Happy end

– día 31: “Balakandra”

2 de outubro de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.