Un denunciado por insultos e agresión na Coruña acaba sancionado por mexar na vía pública
Sobre as 06.25 horas desta madrugada, unha patrulla da Policía Local da Coruña trasladouse á confluencia das rúas Barcelona e Alcalde Lens, onde se atopaba unha cidadá que chamara ao 092 porque estaba sendo perseguida, insultada e agredida por un individuo. Os axentes comprobaron como esta persoa presentaba unha apreciable contusión nun xeonllo polo que seguidamente identificaron ao individuo, quen recoñeceu agredir á muller porque esta, o día anterior, rociáralle a cara cun spray cando estaba mexando na porta dun bar, sito na rúa Alcalde Lens, que é o lugar onde mexa habitualmente desde que tivo un problema co propietario do citado bar. Por todo iso, ademais foi denunciado por mexar na vía pública, infrinxindo a ordenanza municipal de residuos e limpeza viaria.











