Un centenar de veciños participan no circuito cultural e deportivo de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A partir do vindeiro mes de novembro máis dun centenar de veciños e veciñas de Ordes darán comenzo ás actividades incluidas dentro do circuito cultural e deportivo posto en marcna polo Concello ata o vindeiro mes de xaneiro.

Os primeiros serán as 15 participantes de danza oriental, cuxas clases arrancarán o xoves 7 de novembro ás 21.30 horas no local cultural ubicado na rúa Reconciliación. Neste mesmo espazo ao día seguinte e dende as 20 horas será o turno para os 20 asistentes baile en liña para adultos, así como para as 8 parellas inscritas en bailes de salón, quenes darán os primeiros pasos a a partir das 21 horas. Ademais, ante a suxestión por parte dalgúns pais e nais o Concello abriu un grupo de baile en liña para nenos e nenas que ata o de agora conta con 11 inscritos. A cita será no local cultural todos os venres a partir das 19 horas.

Esta nova edición do circuito cultural e deportivo tamén inclúe un obradoiro de creación de bonecas fofuchas, no que participarán un total de 15 persoas. Será o sábado 30 novembro a partir das 18 horas na Casa da Cultura, cunha duración de 4 horas.

Unha vez máis os cursos de cociña rexistraron unha gran aceptación contando cun total de 22 persoas, polo que se esta a estudar a posibilidade de realizar varios grupos. Como é costume as clases impartiranse na Casa da  Cultura os venres a partir das 20 horas.

Por outra banda permanecen abertas as inscricións para poder formar grupos nos cursos de arte floral, costura para principiantes, informática, danza Hollywood, xardinería de interiores e balcóns, taichi e tapicería. Os interesados deberán apuntarse no Departamento de Cultura e Deportes ou ben chamar ao 981 680002 para acadar máis información.

22 de outubro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.