Último xornada para inscribirse na actividade “Divírtete aprendendo”
A concelleira de Educación mosense, Kely Monzón, lembrou hoxe de que nos atopamos durante os dous últimos días para poder inscribirse na actividade extraescolar, “Divírtete aprendendo” organizada dende o departamento municipal do Concello de Mos que ela dirixe. A data de peche do prazo de inscripción será mañá xoves, día 10 de outubro.
Os/as destinatarios/as desta actividade son os/as alumnos/as de 5º e 6º cursos de Educación Primaria dos centros educativos de Mos. Consiste nun obradoiro de motivación e técnicas de estudio para mellorar o rendemento académico dos estudiantes que o realicen. Ten como finalidade fomentar o interese cara a actividade do estudio e mellorar o uso das técnicas que permiten acadar o éxito académico.
O programa levarase a cabo en 7 sesións, de 90 minutos cada unha, ao longo dos meses de outubro e novembro. Estas sesións terán lugar a partires do 14 de outubro, todos os luns en horario extraescolar, de 16:30 a 18:00 horas ou de 18:00 a 19:30 horas. As datas concretas serán 14, 21, 28 de outubro e 4, 11, 18, 25 de novembro. A actividade desenvolverase nas aulas do Multiusos das Pozas e é totalmente gratuíta.
As persoas interesadas en participar neste programa deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello, www.concellomos.es . Para máis información: 986339404 ou omix@concellomos.es.











