Tui engalánase para conmemorar o Día da Policía

O rexedor xunto ao corpo da Policía Nacional
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, presidiu esta maña aos actos de entrega de distincións organizados pola Xefatura do Corpo Nacional de Policía de Tui con motivo da celebración nesta xornada da festividade dos Anxos Custodios, patróns deste corpo policial. Este acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello tudense.











