Tres equipos das categorías inferiores do Azkar Lugo arrincan a tempada

Azkar Lugo infantil
Este fin de semana, tres equipos das categorías inferiores do club, o Azkar Lugo xuvenil, o Azkar Lugo cadete e o Azkar Lugo infantil A arrincan unha nova tempada nas súas respectivas ligas.
O xuvenil de liga nacional, comezará defendendo o título conseguido o pasado ano recibindo este domingo desde as 12:00 horas ao Bueu no Centro Deportivo Terra.
Pola súa banda o cadete de liga autonómica, tamén campión da súa liga, arrincará a competición como local, neste caso o sábado recibindo ao Concello de Vigo IES Coruxo desde as 18:00 horas no Centro Deportivo Terra. No mesmo escenario e ante o mesmo rival pero da liga autonómica infantil, debutará o Azkar Lugo infantil A, será ás 16:30 horas.











