Tomiño acolle as III Xornadas Musicais organizadas pola agrupación musical de Goián

Presentación das xornadas musicais
Tomiño acolle as III Xornadas Musicais organizadas pola Agrupación Musical de Goián coa colaboración do Concello. Nesta terceira edición, as xornadas están adicadas á música de Óscar Navarro, músico alacantino cunha importante carreira no mundo da composición de bandas sonoras, música clásica, para bandas, etc.
A presentación das xornadas tivo lugar onte, venres 18 de outubro, na Casa do Concello.
Na oportunidade, o músico de Alacante, radicado en Madrid na actualidade, logo de estar varios anos en Los Ángeles (EE.UU.), foi recibido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e pola concelleira de Cultura, Cristina Martínez, acompañadas polo director da Agrupación Musical de Goián, José Bugallo, o presidente e outros compoñentes da mesma.
A alcaldesa tomiñesa agradeceu a presenza do músico nestas xornadas, interesándose pola súa carreira musical, moi consolidada a pesar da xuventude de Óscar Pereiro (32 anos).
O músico, pola súa banda, referiuse á súa profesión, na que hai sete anos, deu o salto da música clásica ao mundo da composición de bandas sonoras. O autor ten no seu haber moitas composicións, tanto en música para cine, coma para orquestra, cámara e medios audiovisuais (está nomeado no apartado de música de cine no “Hollywood Music in Media Awards” (Los Ángeles, novembro de 2013).
O directo da Agrupación M. de Goián, formada na actualidade por máis de 100 compoñentes (entre banda e escola), salientou a importancia da visita de figuras coma Óscar Navarro , para os estudantes da agrupación, que dende hai máis de dous meses, están preparando o concerto con seis pezas da autoría do compositor alacantino (Andrés Contrabandista, Shangai, Concerto para Clarinete, Mª Teresa la Cruz, Trips e A arca de Noé) que mañá interpretarán ante o público.
Hoxe sábado proseguiron os ensaios, e ás 12.30, o compositor ofreceu a primeira das súas conferencias: “A música de Óscar Navarro”. Ás 17.00, celebrouse unha mesa redonda sobre o mesmo tema.
Mañá domingo 20 ás 12.00, Óscar Navarro pronunciará a súa 2ª e última charla, titulada “A música de cine” e ás 19.00 horas terá lugar a clausura cun concerto especial baixo a batuta de Navarro, que dirixirá á Agrupación M. de Goián a través de seis das súas pezas musicais feitas para cine.
Óscar Navarro
Músico nado en Alacante, formado no Instituto Valenciano de la Música, Joven Orquesta de la Generalitat Valenciana, Ciudad de Downey (Los Ángeles), University of Southern California “Trojan Marching Band” (Los Ángeles), “José-Franch Ballester &Friends” (Nueva York), etc. Ten dirixido diversas orquestras sinfónicas e orquestras de vento, destacando a Banda Municipal de Alacante, banda e coro da “Red de escuelas de Medellín” (Colombia), etc.
Posteriormente estuda composición e dirección na “Allegro Internacional Music Academy” de Valencia co que foi o seu principal mestre e amigo Ferrer Ferrán, pasando a ser seleccionado logo pola prestixiosa “Universidade do sur de California” (U.S.C., Los Ángeles) para realizar a especialización en Composición para Cine e TV, traballando baixo a tutela de grandes profesionais da industria Cinematográfica como Joel McNeely (Peter Pan 2, O Gardián), Pete Anthony (orquestrador de King Kong, Batman, Terminator, entre outros), Michael Giacchino (Os Increíbles, StarTrek, Lost, Up…), ou Christopher Young (Spider Man 3, Pesadelo en Helm Street) colaborando con este último como orquestrador da súa música para ser interpretada en concertos.











