“Todos con José Manuel Jorge González” contará con andaina, actuacións musicais e roteiro solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro 19 de outubro, terá lugar a realización da iniciativa solidaria “Todos con José Manuel Jorge González”, promovida desde BTT Verín e Club Ciclista Verín, coa colaboración da área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.

A mesma desenvolverase na praza García Barbón de Verín, ás 15.30 horas. Está conformada por actividades deportivas, musicais e lúdicas aptas para todos os públicos co obxecto de recadar fondos destinados á recuperación deste ciclista verinense de 16 anos que sufriu, fai dous meses, un accidente mentres adestraba.

Entre as actividades que se realizarán atópanse unha andaina de 8 quilómetros, roteiro solidario de bicicleta (20 quilómetros), recollida de tapóns de plástico, actuacións musicais do cantautor Emilio Rúa (17.30 horas) e da Asociación de Gaiteiros de Vilardevós, ademais das discomóbil Jorge e Gramola. Así como, obradoiros infantís, inchables, e unha pequena merenda para as persoas asistentes a esta iniciativa solidaria -que poderán realizar os seus donativos en urnas dispostas con este fin e que ao efectualos recibirán vales para participar no sorteo de agasallos cedidos por diferentes casas comerciais-.

Por outra banda, ademais desta iniciativa, as persoas que non poida asistir á mesma ou que estean interesadas en colaborar con esta causa solidaria poden realizalo no número de conta 2100-4148-23-2200113367 de La Caixa a nome de BTT Verín ou Club Ciclista de Verín.

4 de outubro de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.