Tarefas de mantemento da eficiencia enerxética nas rúas coruñesas
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de que durante a xornada de hoxe se levarán a cabo unha serie de traballos mantemento que poden producir arranques diúrnos en varias zonas da cidade. Estas tarefas, que forman parte do plan de mellora da eficiencia enerxética que puxo en marcha este Goberno local, realizaranse nas seguintes rúas e prazas:
– Polígono de Adormideras.
– O Castrillón.
– Avenida de Monelos.
– Avenida Casanova de Eirís.
– Rúa Nazaret.
– Praza Cubela.
– Joaquín Planells.
– Alfonso Molina.
– Rúa Caballeros.











