Taller de fotografía en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño organiza un taller de fotografía na Biblioteca.

A través do slogan “Sacando palabras… escribindo fotos”, a Biblioteca de Salvaterra organiza un taller de fotografía dirixido a maiores de idade, co único requisito de traer unha cámara dixital ou un móvil para poder levar a cabo as fotografías.

Os interesados deberán anotarse na bilioteca de 16.00 a 20.00h, no teléfono 637 108 343 ou a través do correo salvaterra@rbgalicia.org

Está é unha iniciativa máis dirixida ao fomento da lectura

7 de outubro de 2013 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.