Sesión de Contacontos para nenos de cero a tres anos na Biblioteca de Neda
O Concello de Neda invita ás familias con nenos de cero a tres anos a participar na actividade “Nanocontos”, unha sesión de contacontos que se celebrará, con entrada libre, este sábado ás 18,30 horas na Biblioteca Infantil da Casa da Cultura. Raquel Queizás guiará a narración oral, que inclúe música e está protagonizada por personaxes moi divertidas como a rá Nano, o paxariño ou o vento.
A actividade está incluída no proxecto “Ler conta moito”, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas e en colaboración coas entidades locais.











