Servizos Sociais de Ribadumia organiza un curso para deixar de fumar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia está organiza unha acción gratuíta para axudar aos seus veciños a deixar de fumar. A Concellaría de Servizos Sociais da localidade en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o CIM,  imparten, a partir de novembro, un curso gratuíto na Casa da Cultura de Ribadumia.

Este taller de deshabituación tabáquica, distribuído en 7 sesións de hora e media, está pensado para deixar de fumar de xeito progresivo e definitivo. Ademais, ofrécese orientación terapéutica que axude en cada caso personalizado a abandonar o hábito e a superar a síndrome de abstinencia.

O prazo permanece aberto e os interesados poden anotarse nos Servizos Sociais do Concello en horario de 08:00 a 15:00

30 de outubro de 2013 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.