Semana de Prevención de Incendios na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Inauguración da Semana da Prevención

Inauguración da Semana da Prevención

O tenente de alcalde de Seguridade Ciudadana, Julio Flores, asistiu esta mañá, na Fundación Paideia, á inauguración da Semana da Prevención de Incendios, que se celebra dende hoxe e ata o próximo venres na cidade.

Julio Flores agradeceu a implicación nestas xornadas da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, Corpo Nacional de Policía, Cruz Vermella, 061 e Autoridade Portuaria. O primeiro tenente de alcalde subliñou a importancia de “compartir” experiencias e “aprender” entre todos como mellorar a atención aos cidadáns.

O concelleiro tamén sinalou a predisposición absoluta do Concello a seguir traballando como ata agora en programas que melloren a prevención. Neste sentido, destacou que, á creación da Unidade de Rescates no Litoral, se suma un investimento de máis dun millón de euros para a ampliación do parque de bombeiros e de máis de 1,6 millóns en melloras de equipamento. En 2012, incrementáronse un 8% as actividades encamiñadas á prevención e descenderon nun 5% as intervencións por incendios, sinistros, accidentes e rescates. O concelleiro tamén anunciou que, en coordinación coa Concellaría de Educación, se ofrecerán charlas sobre prevención nos colexios da cidade.

Ao finalizar a presentación da Semana da Prevención realizouse un simulacro de incendio no Pazo Municipal de María Pita e nas dependencias municipais de Facenda, na rúa da Franxa.

21 de outubro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.