Salvaterra de Miño organiza unha carreira de carros con rodamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Coto (monte) detrás do campo de fútbol en Meder, no Concello de Salvaterra do Miño, acollerá o vindeiro 27 de outubro unha “Carreira de Carros con Rodamentos”.

As inscricións darán comezo ás 15.00 h. e a carreira iniciarase ás 16.00 h. O prezo de inscrición é de 5 euros. Os participantes menores de 18 anos terán que aportar o consentimento do seu tutor. Todos os participantes terán que utilizar as prendas de protección persoal. A baixada realizarase en 3 mangas por categorías de individual e colectivo.

A organización poderá expulsar a todo aquel participante que non cumpra cas normas de seguridad. A carreira está organizada pola Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva “Os Amigos de Meder”.

22 de outubro de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.