Salvaterra de Miño organiza un Samaín popular para cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha  actividade ao aire libre, para os máis cativos, con motivo da  celebración do Samaín. O próximo 31 de outubro ás 17.00h a Praza do Concello convertirase nun verdadeiro escenario de terror, cun obradoiro de maquillaxe onde todos os que queiran poderán convertirse en verdadeiros personaxes de terror, ademais de participar nos diferentes xogos infantís que se realizarán durante a tarde. Invítase a que todos veñan disfrazados, tanto os nenos como os non tan nenos, e así celebrar  esta antiga festividade céltica. En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao Salón da Casa de Cultura.

21 de outubro de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.