Salvaterra de Miño acolle unha exposición de cabazas
Este ano, de novo, o C.R.A. A Lagoa de Salvaterra de Miño, organiza a súa II EXPOSICIÓN DE CABAZAS, e conta coa colaboración das asociacións locais de comerciantes e empresarios ACES e UNES e do Concello de Salvaterra de Miño.
Con esta exposición preténdese redescubrir e conmemorar O Samaín. Unha tradición que sobreviviu en moitos lugares Galicia ata épocas relativamente recentes. Cecais, nalgúns sitios, ata hai uns 30 anos.
A iniciativa do C.R.A. A Lagoa está encamiñada a recuperación desta, case perdida, costume ancestral, hoxe en auxe, na que teñen especial protagonismo os nenos. Asimesmo, deste xeito, preténdese colaborar coa dinamización do comercio local, mediante un roteiro de establecementos onde as cabazas elaboradas polos alumnos do centro, todos eles de 3,4 e 5 anos, estarán expostas e serán as protagonistas.
Todos os interesados en poder desfrutar destas verdadeiras obras de arte, feitas polos mais cativos, poderán achegarse aos máis de 40 establecementos do Municipio que participan nesta iniciativa.
Tanto nos propios establecementos colaboradores, como no blog craalagoasalvaterra.blogspot.com ou na propia páxina do Concello, todos poderán estar informados de cales son os establecementos onde se atopan as cabazas. O roteiro-exposición estará aberto a todos, desde o 28 de outubre ata o 8 de novembro.











