Salvaterra acolle diversos cursos encamiñados a persoas desempregadas e ao alumnado de secundaria
O Concello de Salvaterra de Miño informa que do 21 ao 25 de outubro ASIME, en colaboración coa Consellería de Traballo, organizará varios cursos gratuítos no IES de Salvaterra de Miño, dirixidos ao propio alumnado e a desempregados.
Os cursos son:
Curso de Consignas de Seguridade Específicas dos Postos de Traballo, 3 h de duración. Risco eléctrico.
– Curso de Consignas de Seguridade no Manexo da Carretilla Elevadora, de 3 horas de duración.
– Curso de Consignas de Seguridade no Manexo do Puente Grúa, de 3 horas de duración.
Datas: do 21 ao 25 de outubro, en horario de tarde.
Os interesados deberán inscribirse na Dirección do centro educativo. Para máis información 986 658 238











