Ruta “Os Petroglifos de Bouzabadín” en Dodro
Dentro do programa Goza do Ulla, que vai pola súa terceira edición, o Concello de Dodro organiza a ruta de sendeirismo “Os Petroglifos de Bouzabadín”. Esta realizarase o 19 de outubro.
No programa “Goza do Ulla” están inmersos 19 concellos polos que pasa o río Ulla. En cada un deles organízase unha ruta de sendeirismo que ten como protagonista o Ulla e o seu entorno. Este programa pretende poñer en valor o río Ulla, o seu entorno e os lugares por onde pasa.
O concello de Dodro realiza a ruta Os Petroglifos de Bouzabadín o vindeiro 19 de outubro. O punto de encontró e de saída é a Lavandeira, situada en Imo, e a hora de saída será ás dez da mañá. A ruta ten un recorrido de 8 kilómetros e unha dificultade baixa-media. Dende a Lavandeira diríxese ás Brañas ata o pé do río, logo inicia a subida ata a Pedra que Abanea, para seguir ata os Petroglifos de Bouzabadín e logo ata o Peto das Ánimas da Cruz do Avelán. Dende ahí comeza o descenso ata Castro e o retorno para volver á Lavandeira.
Os interesados en inscribirse poden facelo no Departamento de Deportes ata o 18 de outubro ou o mesmo día na Lavandeira antes da saída. Tamén poden contactar no 981.802.532 ou mediante o mail deportes@concellodedodro.org