Rueda visita o CIM da Mancomunidade de Ordes e alaba ‘o gran traballo e o bo servizo’ que realiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+
Rueda na visita ao CIM da Mancomunidade de Ordes

Rueda na visita ao CIM da Mancomunidade de Ordes

O  vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Un encontro englobado na rolda de contactos que Rueda está mantendo nas últimas semanas con centros deste tipo ubicados en diversos concellos das catro provincias galegas.

“O motivo que me trae a Ordes é o de querer coñecer de primeira man a situación actual e as problemáticas máis destacadas polas que están a pasar as mulleres hoxe en día, e o de comprobar a efectividade do tratamento de igualdade que se aplican nos concellos de Galicia. O CIM da Mancomunidade de Ordes sobresae do resto polos bos resultados obtidos en aqueles proxectos que dende él se inician”, manifestou o vicepresidente da Xunta nun encontro mantido cos sete alcaldes da comarca e co seu presidente Manuel Regos. Rueda quixo alabar a súa tanto a súa administración como as labores de dirección “que poñen de relieve as ventaxas de mancomunar este tipo de servizos, xa que ademais de poder optar a máis axudas e de maior cuantía tamén se consegue atender a un maior número de usuarios”.

Nesta visita tamén se contou coa presenza de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade e coa de Belén do Campo, delegada Territorial da Xunta, ademais do exalcalde de Frades e parlamentario Miguel Prado. Todos xuntos visitaron as instalacións administrativas ubicadas nos baixos da Alameda ordense, e conversaron con Nazaret González, directora do CIM de Ordes. De primeira man se lles informou sobre os proxectos que actualmente se están a realizar dende o centro e das diversas metodoloxías de traballo empregadas según os casos.

Cesión Centro Comarcal de Ordes

No encontro mantido entre Alfonso Rueda e os membros de goberno da Mancomunidade de Ordes o vicepresidente da Xunta de Galicia avanzou a inminente cesión do Centro Comarcal de Ordes para uso público. Según Rueda ésta “realizarase e oficializarase nun breve espazo de tempo, para satisfacer a petición realizada á Xunta de Galicia no seu día”, tras a toma de decisión acordada en sesión plenaria polos concellos integrantes.

28 de outubro de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.