Rotura dunha canalización na estrada de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A canalización da estrada de Ourense rompeu este martes, debido a que é unha canalización antiga, de formigón, e que non conta con separación de augas pluviais e de saneamento, o que provoca que, en circustancias como as destes días de abundancia de chuvia, a canalización rebentou, provocando o afundimento da beirarrúa.

Os responsables municipais contactaron con Aquagest, empresa responsable, e xa procederon á reparación da canalización, para seguir posteriormente co arranxo da beirarrúa.

1 de outubro de 2013 | 15:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.