Ribadumia organiza unha homenaxe ao Rvdo. Sr. Arcipreste de Ribadumia, Jose Luís Muñiz
O Concello de Ribadumia organiza este domingo 3 de novembro, unha particular homenaxe o Arcipreste de Ribadumia José Luís Muñiz.. O que fora párroco de Sisán e Barrantes, que deixa o Salnés tras case 20 anos para tomar posesión das parroquias de Moaña e Tirán.
Este acto pretende agradecer ao cura párroco a súa prolífica etapa pastoral en Ribadumia, dedicación e compromiso social coa localidade e cos seus habitantes.
A traxectoria
O cura párroco de Barrantes e Sisán naceu en Meaño. Accedeu a orde sacerdotal con 33 anos e a súa primeira parroquia foi na Serra de Cazorla Jaén onde estivo 10 anos. No 2000, xa en Galicia, fíxose cargo das parroquias de Barrantes e Sisán.
Nestas parroquias puxo en marcha diferentes grupos e consellos pastorais e foi impulsor de numerosas obras de restauración e mellora do patrimonio veciñal e eclesiástico.
Actuación de Amancio Prada.
O cantautor leonés ofrecerá un recital no que interpretará diversos poemas de Rosalía e García Lorca, será as 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia. A entrada é libre ata encher aforo.











