Reunións veciñais en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Cabanas pensa realizar unha serie de reunións nos diferentes locais sociais que existen no municipio. Nestas xuntanzas, o consistorio municipal buscará explicar ós veciños e veciñas de Cabanas como se pretenden preparar os presupostos do próximo ano 2014, así como explicar o feito durante o ano 2023 e do mesmo xeito tamén se escoitaran as suxestións e as preguntas que os asistentes desexen realizar, co obxectivo de preparar  os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello, tendo sempre en conta as necesidades de cada parroquia.

As reunións faranse nos diferentes locais sociais que hai no concello, para deste xeito poder favorecer que asista a maior parte dos veciños e veciñas de Cabanas. A hora das reunións será sempre ás 20:00 horas . O calendario previsto será o seguinte:

– 21 de outubro: Local Social de Lavandeira

– 23 de outubro: Local Social do S.C.R.D. San Mamede de Laraxe

– 28 de outubro: Local Social do C.C.R.D. San Martiño de Porto

– 30 de outubro: Escola das Viñas

– 31 de outubro: Local Social de Santa Cruz

21 de outubro de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.