Retoma a súa actividade o club inglés de Rianxo
O Club Inglés de Rianxo retoma as actividades para adultos coa seguinte planificación:
Inglés Iniciación 1: Destinado ós alumnos que fixeron o curso o ano pasado ou para aquelas persoas que xa teñan un nivel básico de inglés. As clases serán todos os mércores ás 20:00 horas cunha 1 hora de duración. Comezamos o mércores día 2 de outubro no bar do Náutico de Rianxo.
Inglés Conversación: Para todas aquelas persoas que desexen practicar o idioma en compañía da profesora Joy Menis. As reunións serán os mércoles alternos ás 21:00 horas e comezamos o mércores día 9 de outubro no bar do Náutico de Rianxo.
Inglés Iniciación 0: Existe a posibilidade de crear un novo grupo de iniciación ó nivel básico, sempre e cando haxa demanda. As persoas interesadas poden apuntarse no bar do náutico ou enviando un correo ó mail do club (clubinglesrianxo@gmail.com). Comunicaráselle o día e a hora ás persoas interesadas.
Todas aquelas persoas que queiran recibir as convocatorias deste curso, terán que apuntarse de novo, ben asistindo ás reuniones o enviando un correo a clubinglesrianxo@gmail.com











