Resultados das categorías inferiores e próxima xornada do Azkar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo xuvenil colócase líder da liga nacional trala súa contundente vitoria deste pasado domingo ante o Noia (9-1). Os lucenses cun bo inicio de partido xa poñían dous goles de vantaxe no marcador aos catro minutos. O Noia intentou reducir diferencias pero a seriedade dos azuis impediuno e ademais o Azkar parecía sentenciar o choque ao descanso cun claro 4-0. No segundo periodo non houbo sobresaltos e o Azkar acabou por levarse a vitoria con goleada final.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 9: Nacho, Costoya, Asier, Brais e Porto, -cinco inicial-, Losada, David, Simao, Chucky e Álex.
Noia 1: Hugo, Jorge, Pablo, Álex e Rubén, -cinco inicial-, Christian, Lucas, Manuel Rei, Manuel, Óscar e Darío.
Árbitros: Suárea Branco e Corral Martínez (Lugo).
Incidencias: 3ª xornada da liga nacional xuvenil. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 1-0 min. 3 Costoya, 2-0 min. 4 Porto, 3-0 min. 14 Porto, 4-0 min. 16 Costoya, 5-0 min. 25 Losada, 6-0 min. 32 Chucky, 6-1 min. 33 Manuel, 7-1 min. 34 Porto, 8-1 min. 38 Porto e 9-1 min. 39 Óscar (propia porta).

O Azkar Lugo xuvenil xoga este próximo domingo no Pavillón Municipal de Fontillas a partir das 12:00 horas ante o Santiago Futsal.

O cadete non falla
O Azkar Lugo cadete continúa líder da súa liga e faio tras vencer a pasada xornada ao Pena Españolista por 4 goles a 2. Os azuis realizaron uns 25 primeiros minutos de control pero no que as súas ocasións non se materializaban e así tralo gol visitante só podía empatar antes do descanso. Tralo intermedio o Azkar mellorou na finalización polo menos como para levarse a vitoria e pese a non realizar un partido brillante puido levarse a vitoria.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 4: Esmorís, Cley, Marcos, David e Adri, -cinco inicial-, Yago, Marcio, Roi, Pablo, Jesús, Carlos Dani.
Peña Españolista Sarria 2: Francisco, Miguel, Lucas, Iago e Adrián, -cinco inicial-, Antonio, Kevin, René, Felipe e Álvaro.
Árbitro: Franco Veiga (Lugo).
Incidencias: 3ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 0-1 min. 11 Antonio, 1-1 min. 20 Yago, 2-1 min. 35 Marcio, 3-1 min. 38 Cley, 4-1 min. 40 Roi e 4-2 min. 49 Felipe Santiago.

O Azkar Lugo cadete xoga este próximo domingo a partir das 12:00 horas no Pavillón Municipal de Guitiriz ante o Concello de Guitiriz Autos Muiños.

O infantil non deu opcións aos sarrianos
O Azkar Lugo infantil goleou o pasado sábado ao Peña Españolista de Sarria o que lle fixo volver á senda da vitoria tralo empate da pasada xornada. Os de José González buscaron desde o primeiro minuto poñerse por diante e así o fixo xa que aos cinco minutos xa mandaba no marcador e co paso dos minutos apropiouse totalmente do choque para chegar ao descanso cunha renda de cinco goles. No segundo periodo o partido seguiu baixo o mesmo guión e os capitalinos acabaron sumando unha vitoria contundente (8-1).

Ficha técnica:
Azkar Lugo 8: David, Pablo, Jacobo, Noel e Luís, -cinco inicial-, Bruno, Óscar, Mera, Pumi, Noé, Nacho e Iago.
Peña Españolista Sarria 1: Marco, Alejandro, Iago, Mario e Jorge, -cinco inicial-, Iago López, Adrián, Cristian, Ramírez e Alejandro López.
Árbitro: Rei Castedo (Lugo).
Incidencias: 3ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 5 Luís, 2-0 min. 13 Óscar, 3-0 min. 16 Bruno, 4-0 min. 17 Pumi, 5-0 min. 18 Noé, 6-0 min. 37 Luís, 6-1 min. 44 Ramírez, 7-1 min. 48 Bruno e 8-1 min. 50 Bruno.
                       
O Azkar Lugo infantil descansa este próximo fin de semana.

23 de outubro de 2013 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.