Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo
O Azkar Lugo xuvenil lidera en solitario a clasificación da liga nacional tras a súa vitoria do pasado domingo na cancha do Santiago Futsal (1-3). Os lucenses foron de menos a máis no partido e así nunha primeira parte moi igualada, na que primeiro se puideron adiantar os composteláns, sería o Azkar o que anotaba a menos dun minuto para o descanso o primeiro do choque tras unha superioridade por expulsión dun xogador santiagués.
No segundo período o Azkar estivo máis cómodo sobre a cancha, tivo unha mellor circulación de balón, e iso aproveitouno para xa no inicio do segundo período anotar o 0-2 e tres minutos despois facer o 0-3. O partido en defensa dos de Ángel Pérez foi serio polo que os tres puntos voaron cara a terras lucenses xa que o gol dos santiagueses chegaría a menos de un minuto para o final de dobre penalti.
Ficha técnica:
Santiago Futsal 1: Alberto, Samuel, Iago, Adrián e Anuar, -cinco inicial-, Daniel, Enrique, Javier, Carlos e Gabriel.
Azkar Lugo 3: Yago Balsa, Rubén, Porto, Asier e Adrián, -cinco inicial-, Álex, Jose, Koke e Costoya.
Árbitros: Dans Rei e Carreira Romero (A Coruña).
Incidencias: 4ª xornada da liga nacional xuvenil. Municipal de Fontiñas.
Goles: 0-1 min. 19 Costoya, 0-2 min. 25 Adrián, 0-3 min. 28 Costoya e 1-3 min. 39 Javier (dobre penalti).
O Azkar Lugo xuvenil non xogará este fin de semana xa que o partido ante o Burela foi aprazado.
O cadete venceu en Guitiriz
O Azkar Lugo cadete continúa liderando a clasificación da liga autonómica tras sumar o pasado sábado a súa cuarta vitoria consecutiva neste arranque ligueiro. Os de Félix Julio venceron a domicilio ao Concello de Guitiriz por 0 goles a 4, nunha primeira metade onde os azuis non se sentiron demasiado cómodos pero que chegaron cunha renda de dous goles ao descanso. No segundo período o Azkar ampliou a diferenza a tres goles e practicamente sentenciaba o choque.
Ficha técnica:
Concello de Guitiriz 0: Cristian, Anxo, Campello, Iván e Edgar, -cinco inicial-, Alejandro, Adrián e Manel.
Azkar Lugo 4: Esmorís, Cley, Marcio, David e Adri, -cinco inicial-, Pablo, Yago, Marcos, Roi, Carlos, Pedro e Brais.
Árbitro: Vieito Regueira (Lugo).
Incidencias: 4ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón Municipal de Guitiriz.
Goles: 0-1 min. 11 Adri, 0-2 min. 24 Pablo, 0-3 min. 35 Roi e 0-4 min. 50 Cley.
O Azkar Lugo cadete xogará este sábado a partir das 17:00 horas no Centro Deportivo Terra ante o Leis Pontevedra.











