publicidade hoxe

Resultados da primeira tirada do Campionato de Bolos en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesXove
A-
A+

Tarde expléndida, cun campo en perfectas condicións e un solete que fixo moi agradable a tirada. Para ser a primeira tirada, excelente participación con 34 inscritos, con 10 na Liga Sub 18. A ver se esta última cifra se mantén.

Liga Senior Masculina.- Victoria de Jordi Meitín, seguido de José Rafael e Francisco Pérez. Salientamos nesta categoría, o mesmo cas outras, o alto nivel amosado por tódolos xogadores, sen dúbida froito do entreno, xa que a maioría dos xogadores agora compiten a maioría do ano, xa que cando remata a liga municipal xogan co Club de Bolos Xove distintas competición pola Provincia e por toda Galicia.

Liga Senior Feminina.- Victoria de Dolores Baño, unha das favoritas, seguida de Salomé Bermúdez e Concepción Piñeiro. Agrádanos moito esa segunda posición de Salomé, quen, despois dunha lexión de brazo de varios meses, polo que se vé está totalmente recuperada.

Liga Sub 16.- Nesta liga os tres favoritos acadaron as primeiras posicións, con victoria de Isaias Cardoso. A ver se este é o ano de Isaias, xa que tanto Salomé coma Daniel xa inscribiron o seu nome coma campións desta Liga.

Nesta tempada, e co fin de igualar un pouco as posibilidades, tendo en conta as diferenzas de idade, a tódolos xogadores de 14 anos ou menos vaiselles permitir a “cucada”, non esixíndolles que cheguen a bola á línea do 8. Esperemos que grazas a esta medida, xusta por outra banda, as novas incorporacións poidan prantexarlle unha certa pelexa aos favoritos.

8 de outubro de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.