publicidade hoxe

Representantes do Sergas visitan os terreos nos que se instalará o centro de saúde de Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOia
A-
A+
Visita aos terreos

Visita aos terreos

A xerente do Servizo Galego de Saúde, María Nieves Domínguez González, visitou hoxe, acompañada do alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, os terreos onde se edificará o centro de saúde.

A construción desta nova instalación da rede sanitaria pública galega, que conta cun investimento de ao redor de 615.000 euros, está cofinanciada con fondos europeos e enmárcase no obxectivo da Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de atención primaria, para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

O centro de saúde, que contará cunha superficie construída de máis de 600 metros cadrados, situarase nunha parcela de preto de 1.500 m2, cedida gratuitamente polo concello.

Na súa visita, a xerente do Sergas estivo acompañada por Joaquín López Fando, coordinador responsable do equipo que leva a cabo a revisión do proxecto de execución do centro de saúde, introducindo, entre outras melloras, elementos de eficiencia enerxética coa fin de dotalo dos máximos estándares de calidade e sustentabilidade ambiental. Así mesmo, estivo acompañada polo xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Vigo, Mario González González.

Plan funcional

Ademais das consultas de medicina xeral e pediatría recollidas no plan funcional, o centro contará cunha consulta de matrona, sala polivalente e unha zona de administración, arquivo, almacéns e outros servizos comúns.
 

8 de outubro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.