Representanes da diócese e curas das parroquias polas que discorre o Camiño de Santiago na diócese lucense reúnense en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+
Representantes da diócese na reunión en Palas de Rei

Representantes da diócese na reunión en Palas de Rei

Un grupo de curas de parroquias polas que pasa o Camiño de Santiago pertencentes a diocese de Lugo reuníronse en Palas de Rei no día de hoxe co delegado de Santuarios e Peregrinacións da diocese de Lugo e con voluntarios/as do Camino de Santiago.

O obxetivo do encontró foi pasar unha xornada de encontro, compartir experiencias,  e falar sobre a peregrinaxe e o número de camiñantes neste 2013. Segundo destacaba José Criado Sanchez, Delegado de Satuarios e Peregrinacións da Diocese de Lugo, “este tipo de  xornadas de encontro soense ter antes e despois do periodo de máis afluencia de peregrinos no ano, de feito este ano o primeiro foi en abril”. Os participantes nesta xornada tiveron ás 10:30h unha Oración na Igrexia de San Tirso de Palas de Rei, logo tivo lugar unha posta en común cos párrocos e voluntarios do Camiño sobre o número de peregrinos, propostas e proxectos e dificultades. Donde resaltaron o aumento de camiñantes rexistrado este ano e diferenciaron entre aquelas persoas que fan o camino por aspectos relixiosos dos que o fan con fins turísticos e de ocio. “Destacaron o considerable aumento máis de turistas que de peregrinos facendo o camiño de Santiago, aínda así queda un amplo grupo de peregrinos que fan o camiño con fins relixiosos” salientaba ó remate do encontro o delegado da diocese de Lugo, José Criado quen aprobeitou para eloxiar o “importante” traballo que fan os voluntarios do Camiño.

Posteriormente visitaron a igrexia de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre e comeron en Palas de Rei.

8 de outubro de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.